Lamas, Cospeito
Lamas | |
---|---|
Escola de Lamas | |
Concello | Cospeito[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°10′46″N 7°33′03″O / 43.17938889, -7.55075Coordenadas: 43°10′46″N 7°33′03″O / 43.17938889, -7.55075 |
Área | 5 km² |
Poboación | 61 hab. (2019) |
Densidade | 12,2 hab./km² |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Lamas é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, pertencente ao arciprestado da Terra Chá. Está delimitada polas parroquias de Cospeito e Xermar polo Norte; Vilar e Bestar polo Sur; Triabá polo Leste e Arcillá polo Oeste.
En 2011 tiña 73 habitantes repartidos en 5 km² (14,6 hab/km²) e agrupados nas entidades dos Currás, O Rebordelo e O Toxal, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 98 habitantes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1602 o bispo de Mondoñedo, Aloito, cedeu varias freguesías da súa xurisdición a Pedro, bispo de Lugo. No ano 1484 os Reis Católicos ordenaron a Diego López de Ares a venda do lugar co fin de sufragar os gastos polo cerco da Torre de Caldaloba.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lamas
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lamas no concello de Cospeito (Lugo) | |
---|---|
Os Currás | O Rebordelo | O Toxal | Os Trobos |
Parroquias de Cospeito
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.