Xurxo Pérez Pintos
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 (75/76 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | biólogo , profesor de ensino secundario , escritor |
Lingua | Lingua galega |
Xurxo Pérez Pintos, nado en Vigo en 1948, é un biólogo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no departamento de Bioloxía da Universidade Laboral de Ourense e Vigo. Como profesor de ensino secundario foi xefe do departamento de Bioloxía no IES Manuel Antonio de Vigo.
Xunto con Xosé Bouzó Fernández e Paco Martínez levan a cabo anualmente, dende hai máis de trinta anos, os Paseos pedagóxicos, dentro do programa das Xornadas do Ensino de Vigo.
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Historia contemporánea da destrución da natureza en Galiza, 2009, A Nosa Terra.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Bioloxía no laboratorio (Xistral, 1980; Andrés Sanjuan López).
- Aprendendo na naturaleza, bioloxia experimental de campo (Xerais, 1983; con Andrés Sanjuan López e Pastora Fernández Ferro)
- As bioinvasións na Galiza (A Nosa Terra, 2004; con Xosé Bouzó Fernández)
- A pegada socioecolóxica do sistema enerxético galego (Sotelo Blanco, 2007; con Xosé Bouzó Fernández)
- Serra da Groba. A formación da paisaxe (Tórculo, 2017; con Xosé Bouzó Fernández)