Xurxo II de Hesse-Darmstadt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurxo II de Hesse-Darmstadt
Bildnis des Landgrafen Georg II. von Hessen-Darmstadt (1605-1661).jpg
Nacemento17 de marzo de 1605
Lugar de nacementoDarmstadt
Falecemento11 de xuño de 1661
Lugar de falecementoDarmstadt
SoterradoStadtkirche Darmstadt
NacionalidadeAlemaña
PaiLuís V de Hesse-Darmstadt
NaiMadalena de Brandemburgo
CónxuxeSofía Leonor de Saxonia
FillosLois VI de Hesse-Darmstadt, Xurxo III de Hesse-Itter, Sofía Leonor de Hesse-Darmstadt, Sabela Amalia de Hessen-Darmstadt, Ana Sofía de Hesse-Darmstadt, María Hedwig de Hessen-Darmstadt, Luísa Cristina de Hesse-Darmstadt e Henriqueta Dorotea de Hesse-Darmstadt
IrmánsAna Leonor de Hesse-Darmstadt, Sofia Inês de Hesse-Darmstadt, Juliana de Hesse-Darmstadt, Frederico de Hesse-Darmstadt, João de Hesse-Braubach e Isabel Madalena de Hesse-Darmstadt
Na rede
WikiTree: Hessen-Darmstadt-7 Find a Grave: 35573831 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xurxo II de Hesse-Darmstadt (en alemán: Georg II von Hessen-Darmstadt); nado en Darmstadt en marzo de 1605 e finado o 11 de xuño de 1661, foi Landgrave de Hesse-Darmstadt dende 1626 até 1661. Era fillo de Lois V de Hesse-Darmstadt e Madalena de Brandeburgo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda novo, comezou o seu Grand Tour por Europa en compaña do conde Xoán Casimiro de Ermach, obtendo tamén a tarefa de xestionar algunhas misións diplomáticas en nome do seu pai. Porén, durante a Guerra dos Trinta Anos, o seu pai foi feito prisioneiro polo elector Frederico V do Palatinado e precisamente durante a celebración do matrimonio entre Xurxo e a súa primeira esposa, en Dresden, decatouse da morte do seu pai e a súa sucesión ó trono de Hesse-Darmstadt.

No medio da Guerra dos Trinta Anos, malia que profesaba lealdade á causa do emperador, Xurxo II resultou ser principalmente neutral até 1629, cando decidiu inclinarse a prol de Suecia despois dos danos sufridos no seu país polo exército imperial que acampou alí. Porén, xa en 1631, co Tratado de Hoechst, Xurxo II distanciouse de rei Gustavo II Adolfo e seguiu mantendo unha conduta neutral para o resto do conflito.

De 1645 a 1648 dirixiu a chamada Hessenkrieg contra a landgravina Amalia Sabela de Hanau-Münzenberg sobre a herdade da extinta liña de Hesse-Marburgo. Este conflito deu lugar á perda de Hesse-Marburgo a Hesse-Kassel. Porén, foi recompensado coa cifra de 60.000 ducados.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou con Sofía Leonor de Saxonia, o 1 de abril de 1627. Do seu matrimonio tivo tres fillos e doce fillas: