Xulio Villarino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXulio Villarino
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xulio Villarino, nado en Foz o 21 de xullo de 1969, é un fotógrafo galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio en Lugo e a súa formación fotográfica é autodidacta.[1]

Comezou no mundo da fotografía ós 16 anos e iniciou os seus traballos como fotógrafo profesional en 1993, botou oito anos traballando para La Voz de Galicia, despois dos cales decidiu adicarse ó fotoxornalismo independente.[1]

Actualmente adícase a facer reportaxes de produción propia, que son distribuídos pola axencia madrileña Cover. A maiores, colabora con diferentes medios como El País Semanal ou El Semanal. Tamén publica os seus traballos en diferentes revistas como Le Monde 2, Geo, Courrier International, Dominical, Magazine El Mundo, Spain Magazine, Viajar ou The Dallas Morning News.[1]

Tamén fixo diferentes exposicións individuais na Coruña, Vigo, Madrid, O Bierzo ou Ortigueira, e tamén colectivas como Terras Esgazadas, na IX Fotobienal de Fotografía de Vigo no ano 2000, ou Os Novos Españois, no Círculo de Belas Artes de Madrid en 2003.[1]

Fixo tamén series e documentais que foron exhibidos en diferentes festivais como o de Zahara de la Sierra (Cádiz) en 2002, no Internacional de Fotoxornalismo Cidade de Xixón, tamén no 2002, ou no Festival Visa para a Imaxe de Perpiñán no 2003.[1]

Deu obradoiros e conferencias de fotografía dixital en Ourense e en Viveiro, e dirixiu tamén o Festival Noites de Luz, do Seminario de Estudos Terra de Viveiro.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A súa obra atópase espallada en coleccións públicas e privadas,[1] e recibiu os seguintes recoñecementos:

  • Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica (1998)[1]
  • Premio Fuji Europress Photo ó mellor fotoperiodista español e a mención de honra deste mesmo galardón na fase europea (1999)[1]
  • Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo (1999)[1]
  • Premio Ortega y Gasset (2000)[1]
  • Premio Fuji (2002, na categoría de viaxes, e 2003, na de noticias)[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 Entrada “Villarino, Xulio” na GEG.