Xu (emperatriz)
Xu | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de maio de 1362 |
Nanjing | |
Falecemento | xullo de 1407 |
Nanjing | |
Causa | doenza |
Soterrada | Changling |
Nacionalidade | Yuan e Dinastía Ming |
Relixión | Budismo |
Ocupación | escritora |
Pai | Xu Da |
Cónxuxe | Yongle |
Fillos | Hongxi, Zhu Gaoxu, Zhu Gaosui, Princess Yong'an, Princess Yongping, Princess Ancheng e Princess Xianning |
Irmáns | Xu Zengshou, Xu Yingxu e Xu Huizu |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Emperatriz Xu (en chinés: 徐皇后), nada en 1362 e finada en xullo de 1407, formalmente coñecida como Emperatriz Renxiaowen, o seu nome de nacemento era Xu Yihua. Foi a emperatriz consorte do emperador Yongle e a terceira emperatriz da dinastía Ming da China. Foi unha muller moi educada, afeccionada a coleccionar biografías de mulleres virtuosas, unha actividade conectada coa política da corte.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xu Yihua naceu no ano 1362, sendo a filla maior de Xu Da e da señora Xie. Tivo catro irmáns -Xu Huizu, Xu Tianfu, Xu Yingxu e Xu Zengshou- e dúas irmás máis pequenas: Zhu Gui, quen se desposou co príncipe Jian de Dai (13º fillo do emperador Hongwu), e Zhu Ying, quen se desposou co príncipe Hui dun (22º fillo do emperador Hongwu). O 17 de febreiro do ano 1376, casou con Zhu Dei, príncipe de Yan (4º fillo do emperador Hongwu). Despois de que Zhu Dei ascendese ó trono como emperador Yongle, o 17 de xullo de 1402, ela foi nomeada emperatriz en decembro dese mesmo ano.
Unha devota budista, Xu é a primeira persoa acreditada para transcribir un sutra budista sobre unha revelación durante un soño. A obra titúlase Da Ming Ren xiao Huang hou meng kan Fo Shuo dei yi xi yu dá gong de jing. Na súa introdución ó sutra, a emperatriz escribiu que unha noite despois de meditar e queimar incenso, Guanyin aparecéuselle coma nun soño, e levouna a un reino santo onde se lle revelou o sutra co obxectivo de salvala dun desastre. Despois de ler o sutra tres veces, foi capaz de memorizalo e lembralo perfectamente ó espertar e escribilo. O sutra está influído pola filosofía tradicional mahayana e contén mantras típicos dos budistas tibetanos.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ming Budismo" El Cambridge Historia de China v.8. pp 913-915