Saltar ao contido

Xoán X Iasixi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán X Iasixi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) يوحنّا العاشر Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) هاني يازجي Editar o valor en Wikidata
1 de xaneiro de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Latakia, Siria Editar o valor en Wikidata
Greek Orthodox Patriarch of Antioch (en) Traducir
10 de febreiro de 2013 –
← Inácio IV de Antioquia (pt) Traducir
Electo en: 17 de dezembro de 2012 (pt) Traducir
Antiochian Orthodox Metropolitan of Western and Central Europe (en) Traducir
2008 – 2012
← Q16635294 TraducirQ16654977 Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Aristóteles de Salonica (pt) Traducir (–1983)
St. John of Damascus Institute of Theology (en) Traducir (–1978)
Tishreen University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónInácio IV de Antioquia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsBoulos Yazigi Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Xoán X Iasixi (en árabe: يوحنا يازجي, Yuwhana Yasixy), nado en Latakia (Siria) o 25 de febreiro de 1940, é o Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 17 de decembro de 2012, e polo tanto cabeza da Igrexa Ortodoxa de Antioquía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 1 de xaneiro de 1955 en Latakia, na República Siria, nunha familia de cristiáns gregos de Antioquía.[1] O seu pai, Muna Iasixi, era profesor de lingua árabe e orixinario da vila de Marmarita; a súa nai, Rusa Musi era de Trípoli, no Líbano.[1] Estudou Enxeñaría civil na Universidade de Tixrin, e posteriormente graduouse en Teoloxía en 1978 pola Universidade de Balamand; ao ano seguinte, en 1979, foi ordenado diácono.[1] Posteriormente continuou os seus estudos teolóxicos, centrándose na liturxia, na Universidade Aristóteles de Tesalónica, graduándose en 1983;[1] nese mesmo ano foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Latakia Yuhana Mansur.

Entre 1981 e 2008, foi profesor de liturxia no seminario de Balamand, e entre 1989 e 1992 reitor do seminario, repetindo como reitor entre 2001 e 2005.[1] O 24 de xaneiro de 1995 foi consagrado como bispo vigairo de Al-Husn.[1] Logo da súa consgración, traballou para revivir o mosteiro patriarcal de san Xurxo, exercendo tamén como abade do mosteiro entre 1995 e 2002.[1] O 17 de xuño de 2008 foi elixido metropolitano de Europa Occidental e Central.[1]

Logo do pasamento de Ignacio IV, foi elixido patriarca na sesión extraordinaria do Santo Sínodo de Antioquía o 17 de decembro de 2012.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "His Beatitude JOHN X". Universidade de Balamand (en árabe e inglés e francés). Consultado o 11/04/2022.