Xoviano
| Nome orixinal | Flavius Claudius Iovianus |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 331 (Gregoriano) Singiduno, Serbia (pt) |
| Morte | 17 de febreiro de 364 (Gregoriano) Dadastana, Turquía (en) |
| Causa da morte | morte accidental, Toxicidade do monóxido de carbono |
| Lugar de sepultura | Igrexa dos Santos Apóstolos |
| Emperador bizantino | |
| 28 de xuño de 363 – 17 de febreiro de 364 ← Xuliano – Valentiniano I → | |
| 26 de xuño de 363 (Gregoriano) – 17 de febreiro de 364 (Gregoriano) | |
| Senador romano | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período | Imperio Romano, Baixo Imperio Romano e Byzantine Egypt (en) |
| Outro | |
| Título | Augusto (título) |
| Cónxuxe | Cárito |
| Fillos | Varroniano |
| Pai | Varronianus |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Enciclopedia de Otto |

Flavius Claudius Iovianus, en galego Xoviano, (332 - 17 de febreiro de 364) era un oficial cristián do exército de Xuliano, orixinario de Panonia, que á morte do emperador polas feridas sufridas durante unhas campañas en territorio persa, foi nomeado emperador polo exército, o 26 de xuño do 363.
Tivo que acordar unha paz en condicións desfavorábeis co Imperio Persa, pola que cedía os territorios entre os ríos Tigris e Éufrates.
Xoviano, ao contrario que o seu predecesor Xuliano, que era considerado un apóstata, era cristián, polo que aboliu as deposicións de Xuliano en contra da Igrexa católica, aínda que mantendo a liberdade de culto.
Morreu, de causas naturais, o 17 de febreiro do 364 na fronteira entre Bitinia e Galacia, cando regresaba a Roma para confirmar o seu título, tras reinar só 8 meses.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Imperio Romano | ||
|---|---|---|
Segue a: Xuliano |
Xoviano | Precede a: Valentiniano I |