Xosé María Díaz Sanxurxo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1818 Suegos, España |
Morte | 20 de xullo de 1857 (38 anos) Nam Dinh, Vietnam |
Causa da morte | pena de morte, decapitación |
Vigairo apostólico | |
26 de agosto de 1852 – Diocese: diocese de Bùi Chu | |
Bispo titular | |
5 de setembro de 1848 – Diocese: diocese de Platea | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1849–), sacerdote católico (1844–), misioneiro |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
Consagración | Jerónimo Hermosilla |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 20 de xullo |
Xosé María Díaz Sanxurxo, nado en Suegos[1][2] (Pol) o 25 de outubro de 1818[3] e finado en Tonkín (Vietnam) o 20 de xullo de 1857[2], foi un santo, bispo e mártir[2] da Igrexa católica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na freguesía de Santa Eulalia de Suegos. Ingresou xa moi novo no Seminario de Lugo e máis adiante na orde dominicana (Dominicos).
Foi misioneiro en Manila e posteriormente en Vietnam. Foi bispo de Tonkín. Autor dunha gramática hispano-vietnamita. Padeceu martirio o 20 de xullo de 1857, despois de ser detido e encadeado polas autoridades vietnamitas é finalmente executado. O seu verdugo decapitouno en tres golpes, tal coma el mesmo pedira. Este é o día no que figura no santoral.
A raíz da súa morte, Francia realizou as súas primeiras incursións militares en Vietnam. O alfabeto vietnamita é dos poucos, xunto co bretón, galego e castelán, que conta co ñ,[Cómpre referencia] do cal é responsábel Xosé María Díaz.
Foi beatificado no 1951, por Pío XII e nomeado santo por Xoán Paulo II en 1988.[4]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Domingo Martí |
Vigairo apostólico de Tonkín Central 1852 - 1857 |
Sucesor: Melchor García Sanpedro |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Palacios, Xosé María (19-10-2018). "El fraile de Pol que acabó implicado en una guerra en Asia y que llegó a santo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3-2-2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Vilanova Rodríguez, Alberto (1946). "La teología Gallega. Fray Tomás de Lemos en el proceso teológico de Galileo". Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. Tomo II: 79.
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "Díaz Sanjurjo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 358.
- ↑ Follana (2018), p. 141
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Follana Neira, Fernanda (2018). "200 años de San José María Díaz Sanjurjo: hijo de Pol, obispo y mártir en Vietnam". Lucensia (en castelán) (Lugo). XXVIII (56): 141–154. ISSN 1130-6831.
- Ónega López, José Ramón (1991). José María Díaz Sanjurjo: (un gallego en Vietnam) (en castelán). Lugo: Deputación Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións. ISBN 9788486824877.
- Trapiello y Sierra, Francisco (1899). Vida del venerable protomártir del Colegio de Dominicos de Ocaña, reverendísimo padre p. José María Díaz Sanjurjo, obispo de Platea y vicario apostólico del Tung-King Central (en castelán). Lugo: Tipografía de Gerardo Castro.