Xosé Manuel Maseda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 Cedeira, España |
Morte | 23 de decembro de 2020 (57/58 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Empregador | Televisión de Galicia |
Xosé Manuel Díaz Maseda, coñecido como Xosé Manuel Maseda, nado en Cedeira en 1962 e finado o 23 de decembro de 2020 en Santiago de Compostela, foi un xornalista de televisión galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi estudante de medicina na Universidade de Santiago de Compostela pero non chegou a rematar a carreira porque, con 23 anos, comezou a traballar na recentemente inaugurada Televisión de Galicia, na súa sección de informativos. Nela permaneceu toda a súa carreira profesional, onde foi editor e presentador dos telexornais[1]. Ocupou cargos na dirección de informativos durante os gobernos de Alberto Núñez Feijóo (redactor xefe de informativos entre 2009 e 2017 e coordinador de informativos entre 2017 e 2020)[2]. Graduouse en Dereito pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC) no ano 2013.
O seu rostro quedou vinculado a algunhas das retransmisións en directo máis importantes da TVG, como as visitas de mandatarios estranxeiros, actos relixiosos, o accidente da ponte das Pías, ou grandes eventos políticos, como as investiduras dos presidentes da Xunta. Tamén ocupou postos de representación da TVG na FORTA.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi membro da Tuna Compostelana[2] e tocaba a guitarra.
Estivo casado con Sara Dobarro, política ferrolá, concelleira polo Partido Popular de Galicia en Ferrol. Tiveron dous fillos, Cristina (1988) e Santiago (1993). O matrimonio acabou nun xuízo por agresión á súa muller, se ben a condena foi anulada.[3].
Finou como consecuencia das feridas sufridas nun accidente de circulación na autoestrada AP-9, á altura de Vilamaior[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece Xosé Manuel Díaz Maseda, un dos xornalistas históricos da Televisión de Galicia". www.crtvg.es. 23/12/2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Muere Xosé Manuel Díaz Maseda, periodista de la Televisión de Galicia". El Correo Gallego (en castelán). 23/12/2020.
- ↑ "La Audiencia anula la condena por agresión del ex marido de Sara Dobarro". La Voz de Galicia (en castelán). 1/4/2003.