Xosé Eduardo López Pereira
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 (78/79 anos) Trasalba, España |
Presidente Fundación Otero Pedrayo | |
2021 – ← Juan Luis Saco Cid | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, filólogo |
Xosé Eduardo López Pereira, nado en 1945 en Trasalba, Ourense, é un catedrático de Filoloxía Latina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía Clásica pola Universidade de Salamanca, e acadou o doutoramento en Filoloxía Latina pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseiro do Deutscher Akademister Austauchsdienst na Academia de Baviera, dedicándose aos textos latinos medievais. É catedrático da Universidade da Coruña.
Foi secretario xeral da UdC durante seis anos, foi director xeral de universidades da Xunta de Galicia durante oito anos, e é director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia[1].
Especializouse na cultura da Gallaecia romana e no Reino Suevo de Galicia, así como en persoeiros da Historia de Galicia como Prisciliano, Exeria, Paulo Orosio, Hidacio ou Martiño Dumiense. Foi director xeral de ordenación universitaria durante o mandato de Manuel Fraga Iribarne. Dirixiu entre 1994 e 2019 o equipo de investigación Corpus documentale latinum Gallaeciae, ligado ao Centro de Investigación Ramón Piñeiro, que recolle e analiza tódolos documentos galegos dende o ano 850 a 1250.
En 2021 foi escollido presidente da Fundación Otero Pedrayo[2].
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1994 obtivo o Premio Xesús Taboada Chivite.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- O primeiro espertar cultural de Galicia (1989, Universidade de Santiago de Compostela).
- Exeria (1991, Edicións Xerais de Galicia).
- Guía do peregrino. Códice Calixtino (1993, Edicións Xerais de Galicia).
- Cultura, relixión e superstición na Galicia Sueva (1996, Universidade da Coruña).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Elisa Álvarez (15 de novembro de 2017). "Eduardo López Pereira: «Ahora hay un exceso de proximidad entre profesor y alumno»". La Voz de Galicia.
- ↑ Elisabet Fernández (25 de abril de 2021). "Buciños recolle o Trasalba: "Grazas a don Ramón fago escultura que comunica"". La Región.