Xosé Bernárdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Bernárdez
Nome orixinal(gl) Xosé Bernárdez Boluja Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1935 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de marzo de 2018 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor em Wikidata - 1968 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor em Wikidata

Xosé Bernárdez Boluja, nado en Santiago de Compostela o 1 de outubro de 1935 e finado en Morga (Biscaia) o 12 de marzo de 2018,[1][2] foi un ciclista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desenvolveu a súa carreira profesional entre os anos 1958 e 1968 e foi en Biscaia onde estableceu a base competitiva. Os seus principais éxitos foron as vitorias no Gran Premio de Llodio e no Campionato de España de fondo en estrada para independentes, e máis o Subcampionato de España de Montaña en Ruta, tódalas vitorias no ano 1961. Porén a súa actuación máis memorable produciuse no Campionato do Mundo de ciclismo dese ano, cando chegou á meta no primeiro grupo de 14 corredores, onde se atopaban tódolos ases mundiais do momento e no sprint final obtivo o 4º posto, só superado por Rik Van Looy, Nino Defilippis e Raymond Poulidor.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Luto por la muerte del exciclista José Bernárdez". El Correo Gallego (en castelán). 15-03-2018. Consultado o 04-08-2020. 
  2. "Ha fallecido José Bernárdez" (en castelán). 12-03-2018. Consultado o 04-08-2020. 
  3. "José Bernárdez, un día de gloria". Noticias y ocio (en castelán). 06-05-2014. Arquivado dende o orixinal o 06-10-2014. Consultado o 04-08-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]