Xosé Bernárdez
| Biografía | ||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) José Bernárdez Boluja 1 de outubro de 1935 Santiago de Compostela | |||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 12 de marzo de 2018 Morga | |||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | ||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | ciclista | |||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1958 | |||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | ciclismo de competición | |||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||
Xosé Bernárdez Boluja, nado en Santiago de Compostela o 1 de outubro de 1935 e finado en Morga (Biscaia) o 12 de marzo de 2018,[1][2] foi un ciclista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desenvolveu a súa carreira profesional entre os anos 1958 e 1968 e foi en Biscaia onde estableceu a base competitiva. Os seus principais éxitos foron as vitorias no Gran Premio de Llodio e no Campionato de España de fondo en estrada para independentes, e máis o Subcampionato de España de Montaña en Ruta, tódalas vitorias no ano 1961. Porén a súa actuación máis memorable produciuse no Campionato do Mundo de ciclismo dese ano, cando chegou á meta no primeiro grupo de 14 corredores, onde se atopaban tódolos ases mundiais do momento e no sprint final obtivo o 4º posto, só superado por Rik Van Looy, Nino Defilippis e Raymond Poulidor.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luto por la muerte del exciclista José Bernárdez". El Correo Gallego (en castelán). 15-03-2018. Consultado o 04-08-2020.
- ↑ "Ha fallecido José Bernárdez" (en castelán). 12-03-2018. Consultado o 04-08-2020.
- ↑ "José Bernárdez, un día de gloria". Noticias y ocio (en castelán). 06-05-2014. Arquivado dende o orixinal o 06-10-2014. Consultado o 04-08-2020.