Xosé Otero Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1893 A Cruz, España |
Morte | 1984 (90/91 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua galega |
Xosé Otero Otero, nado na Cruz (Taragoña, Rianxo) o 1 de abril de 1893 e finado en Buenos Aires en 1984, foi un xornalista e dramaturgo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era o maior de sete irmáns. Asistiu á escola ata os doce anos, e foi alumno avantaxado. Emigrou á Arxentina aos dezaseis anos. Con 20 anos volveu a Galicia para facer o servizo militar, e estivo catro anos coma mariñeiro no acoirazado España. Ao rematar casou en Taragoña con María Lorenzo, retornando a Arxentina. Foi secretario da Sociedad Ayuntamiento de Rianjo y Taragoña -unificadas- e redactor durante moitos anos da revista bonaerense Rianxo editada pola sociedade. Como dramaturgo estreou as pezas Ideas novas (1926) e O Moucho. Asemade publicou a peciña O feitizo da gaita (Revista Rianxo, nº 3, setembro do 1950).
Xubilado dunha empresa de tranvías, viviu nunha residencia de anciáns, onde morreu aos 91 anos.
Obras[editar | editar a fonte]
- Ideas novas, 1926.
- O moucho.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Brea Rey, X. Ramón (6-1-1988). "Xosé Otero: Unha voz que non se escoita (I)". La Voz de Galicia: 29.