Estro Montaña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Betanzos, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, catedrático de bacharelato |
Xosé Montaña Louzao, coñecido como Estro Montaña, nado en Betanzos en 1956[1], é un escritor, profesor e crítico literario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou estudos de Dereito e Filosofía na Universidade de Santiago.
Publicou a novela en castelán La última isla, e, en galego, o libro de relatos de maquis As armas delicadas e as novelas Pancarta para Xulia, O tesouro de Catoira e Un conto siciliano e outras historias. É autor da biografía Diego Gelmírez. Báculo de gloria en Compostela e da crónica novelada Doña Urraca. Como ensaísta é autor dun traballo sobre O teatro de Blanco Amor e dos estudos A narrativa de Rafael Dieste e Guía comentada de Rafael Dieste.[2][3]
Como autor de libros de viaxes publicou A costa da morte: Un litoral insólito (edición bilingüe) e unha extensa obra: Polos vieiros do vello Miño, que apareceu tamén en castelán baixo o título Por los caminos del viejo Miño, obra que estuda de xeito plural o pai dos nosos ríos, o Miño, desde o nacemento ata a desembocadura, mesmo a parte portuguesa.
Foi membro do Consello de Redacción de Galicia literaria e do Faro das Letras. Publicou artigos, baixo diferentes nomes, en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario 16, e El Correo Gallego.
Participou en libros colectivos de relatos como 56 historias no ar e Unha liña no ceo.
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Pancarta para Xulia (2001). Nigra. ISBN 9788487709258.
- As armas delicadas (1997). Xerais. 145 páxs. ISBN 84-8302-130-7.
- Doña Urraca (2008). Nigra Trea. 79 páxs. Ilustracións de Jaime Asensi. ISBN 978-84-95364-76-0.
- O tesouro de Catoira (2011). Concello de Catoira. 93 páxs.
- Un conto siciliano e outras historias (2019). Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9121-475-5. ePub: ISBN 978-84-9121-479-3.[4]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- A Costa da Morte: un litoral insólito (1999). Nigra Trea. 95 páxs. Con fotos de Nieves Loperena e Tono Arias. ISBN 84-923922-3-1.
- Polos vieiros do vello Miño (2005). Nigra Trea. 196 páxs. Con fotos de Tono Arias. ISBN 84-95364-34-4.Traducida ao castelán como Por los caminos del viejo Miño (2005).
- Diego Gelmírez. Báculo de gloria en Compostela (2007). Nigra Trea. 96 páxs. ISBN 978-84-95364-65-4.
- O teatro de Blanco Amor (1993).
- A narrativa de Rafael Dieste (1995).
- Guía comentada de Rafael Dieste (2006).
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]- Claves y enigmas de la novela negra (1988)
- La última isla (1993). Libertarias/Prodhufi. 183 páxs. ISBN 84-7954-115-6.
- Por la costa del Eixo Atlántico. Rutas del agua (2009). Nigra Trea. Con José M. de Lima e Costa. Fotografías de Tono Arias. ISBN 978-84-95364-89-0.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-15.
- ↑ "Montaña, Estro (1956-)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-02-15.
- ↑ Armandorequeixo. "Estro Montaña. Criticalia". Consultado o 2019-02-15.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-15.