Xosé María Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé María Pazos
Nacemento28 de marzo de 1974
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Xosé María Pazos, coñecido como Pulpis, nado en Santiago de Compostela o 28 de marzo de 1974 , é un adestrador de fútbol sala. Actualmente ocupa a posición de seleccionador nacional de Tailandia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pulpis comezou a súa carreira deportiva como futbolista, na canteira da S.D. Compostela. Alí pasou por todas as categorías, desde alevíns a xuvenís. Foi naquela altura cando mudou de campo de xogo e pasou a competir en fútbol sala.

Como xogador deste deporte iniciou a súa carreira no Autos Lobelle, sen moverse da súa cidade. Neste club xogou catro tempadas como porteiro, pero con 21 anos apartou as luvas e dedicouse ao adestramento. Primeiro nas categorías inferiores do Lobelle, logo no primeiro equipo e despois no Melilla, no Azkar de Lugo (que ascendeu a División de honra, no Mobles Caloto, no Valencia Vijusa, no MKN Orkan (co que foi campión da copa de Croacia), e volveu ao Barcel Euro (antes Caloto).

Dende a tempada 2005-06 conduce de novo o Autos Lobelle, onde rematou o contrato en 2007.

O nome de Pulpis foi anunciado como posíbel adestrador da selección nacional galega de fútbol sala, en trámite de creación[1], pero finalmente os adestradores foron Bruno García Formoso e Javier Pardeiro Casavella. Dende xaneiro de 2008 é o seleccionador nacional de Tailandia[2]

Notas[editar | editar a fonte]