Xosé Manuel Rodríguez-Abella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Manuel Rodríguez-Abella
Nacemento1957
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento23 de novembro de 2018
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpedagogo
editar datos en Wikidata ]

Xosé Manuel Rodríguez-Abella Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1957 e finado o 23 de novembro de 2018, foi un pedagogo galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación.[2]

Destacou o seu labor impulsor en proxecto educativos de ámbito municipal e galego como EducaCompostela, a creación da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela ou a posta en marcha Premio Compostela de Álbums Ilustrados.[3]

Era membro de Nova Escola Galega, dende onde traballou para a galeguización do ensino na súa cidade así como a prol da normalización lingüística do galego.

Malia que levaba un ano de baixa por enfermidade, no momento do seu falecemento, profesionalmente ocupaba o cargo de xefe do departamento de Educación do concello compostelán.[4]

Foi incinerado no cemiterio de Boisaca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xosé Manuel Rodríguez-Abella, alma educativa do Concello de Santiago". Praza Pública. 24 de novembro de 2018. 
  2. "Hondo pesar en Raxoi por la muerte de Xosé Manuel Rodríguez Abella". El Correo Gallego (en castelán). 24 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2018. Consultado o 24 de novembro de 2018. .
  3. "Fallece el pedagogo municipal, Xosé Manuel Rodríguez-Abella". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 2018. .
  4. "Onte faleceu Xosé Manuel Rodríguez-Abella, pedagogo municipal de Santiago". Compostela 24 Horas. 24 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2018. Consultado o 24 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]