José Canedo Grille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xosé Canedo")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Canedo Grille
Nacemento22 de febreiro de 1902
 Tordoia
Falecemento29 de decembro de 1945
 Lens
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Granada
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

José Canedo Grille, nado en Tordoia o 22 de febreiro de 1902[1] e finado en Lens (Ames) o 29 de decembro de 1945[2], foi un lingüista e orientalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia labrega, marchou a estudar no seminario de Santiago de Compostela. Licenciouse na Universidade de Granada, e foi bolseiro durante sete anos no Indogermanisches Seminar da Universidade de Berlín[1], onde se especializou en lingüística indoeuropea. Na cidade alemá coincidiu con Lois Tobío Fernández, Felipe Fernández Armesto ou Vicente Risco, quen dixo del:

El é un home de ciencia: estuda lingüística indoeuropea, e non consente que lle chamen filólogo. Debulla o sánscrito, o avesta, o lituano, o celta, o grego, o latín, o gótico, o eslavo. Pola lingüística é nacionalista alemán e antisemita. É un home pechado na súa especialidade, e, polo menos nos medios universitarios, único na España
Vicente Risco: Mitteleuropa[3]

No ano 1930 publicou dous artigos na revista Nós[4]. En 1934 pasou a dar clase de Filoloxía Clásica na Universidade de Barcelona, onde o sorprendeu a guerra civil española. En xullo de 1938 asistiu ao Congreso Internacional de Lingüística en Gante (Bélxica), mais non se reincorporou ao seu posto de traballo. Fuxiu do territorio republicano e entregou uns planos ao goberno nacional de Burgos[5]. A pesar desta e doutras colaboracións co franquismo ao remate da guerra, o 6 de agosto de 1941 foi expedientado por insubordinación[6] e apartado do seu posto como docente no Instituto Ausias March.

En 1942 publicou a súa obra máis importante, Resumen de literatura sánscrita. Tamén publicou nese tempo diversos artigos sobre o sánscrito e a súa literatura en revistas filolóxicas. En 1943 pasou a ser lector de castelán na Universidade de Heidelberg[1]. Faleceu mentres se hospedaba no pazo de Lens, e foi soterrado no cemiterio parroquial[4].

Obra[editar | editar a fonte]

  • "Die lateinischen Inchoativa und ihr Verhältnis zur Komposition", en revista Glotta nº 24 (1934, páx. 257-266) e nº 26 (1936, páx. 14-38)
  • Zur Wort- und Satzstellung in der alt- und mittelindischen Prosa. Vandenhoeck & Ruprecht. Gottingen, (1937)
  • Nachleben des idg. Injunktivs im Lateinisch-Romanischen (1938)
  • Resumen de literatura sánscrita (1942)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 VV.AA. (2004). 58 anys i 7 dies. Correspondència de Pere Bosch Gimpera a Lluis Pericot (1914-1974). Universitat de Barcelona. p. 275. 
  2. Couceiro Freijomil, A. (1951). "CANEDO, José". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 1. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 217. 
  3. Risco, V. (1994). Obras Completas 1. Editorial Galaxia. p. 331. ISBN 8471549263. 
  4. 4,0 4,1 "Talento oculto". Unidad Pastoral de Ames (en castelán). 17 de setembro de 2019. 
  5. Tobío Fernández, L. (1994). As décadas de T.L. Ediciós do Castro. p. 420. 
  6. Claret Miranda, J. (2005). La repressió franquista a la universitat espanyola. Universitat de Barcelona. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]