Joaquín Díaz de Rábago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Díaz de Rábago

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de maio de 1837 Editar o valor em Wikidata
Muros, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 1898 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAntonio Díaz de Rábago Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 34416

Joaquín Antonio Díaz de Rábago Díaz de Mier, nado en Muros o 6 de maio de 1837 e finado na Pobra do Caramiñal o 29 de xullo de 1898, foi un xurista, sociólogo e economista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Joaquín Díaz de Rábago Gutiérrez de Terán, coronel do Batallón Literario. Aos dez anos trasladouse a Compostela. Licenciouse en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Lingua Hebrea e secretario da Facultade de Filosofía e Letras (1860). Residiu en Santiago de Compostela, onde foi director do Banco de España (1886), delegado rexio da Escola de Artes e Oficios de Santiago (1887) e director da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1887-1890).

Foi un dos primeiros pensadores en estudar o cooperativismo nos ensaios Historia y situación actual de la cooperación en España e Bases especiales de una ley sobre las sociedades cooperativas. Participou no IV Congreso de Crédito Popular en Lión (1892) co estudo Bases essentielles d’une loi sur les Sociétés cooperatives. Foi un dos artífices do traslado dos restos de Rosalía de Castro ao Panteón de Galegos Ilustres.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Los foros en Galicia.
  • Historia de la Real Sociedad Económica de Amigos del País.
  • La industria de la pesca en Galicia, 1885.
  • El crédito agrícola, 1883.
  • La institución del salvamento de naúfragos, 1885.
  • La jornada internacional de ocho horas, 1890.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María de la Concepción Aguiar e foi pai de Antonio Díaz de Rábago Aguiar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]