Xoán Xosé Pita
Xoán Xosé Pita | |
---|---|
Nacemento | 1951 |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xoán Xosé Pita Díaz, nado en Covas en 1951, é un político nacionalista galego vinculado ao BNG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou náutica e desenvolve a súa actividade profesional como empresario autónomo nunha empresa de prefabricados.
Nas eleccións de 1999 foi elixido concelleiro en Ferrol. Até 2003 formou parte do goberno da cidade, onde estivo á fronte de varias delegacións, como Seguridade e Tráfico ou Zona Rural. En 2007 preséntase como candidato dos nacionalistas ao concello de Ferrol, nuns comicios onde pasa de 6 a 2 concelleiros. Continuou á fronte do cargo de voceiro municipal do BNG no concello, e volveu ser o cabeza de lista do seu partido para as locais de 2011, cando revalida os 2 concelleiros.
Meses despois, en novembro de 2011, presenta a súa dimisión[1]. Substituíno na vocería local Mercedes Tobío.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O voceiro do BNG, Xoán Xosé Pita, deixa o Concello tras doce anos Arquivado 04 de decembro de 2011 en Wayback Machine., Diario de Ferrol, 2/12/2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrevista con Pita[Ligazón morta] en Xornal de Galicia o 17 de xaneiro de 2011.