Xoán Xosé Pérez Labaca
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 Mondariz, España |
Morte | 25 de abril de 2014 (71/72 anos) Ponteareas, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, mestre, político |
Premios | |
Xoán Xosé Pérez Labaca, nado en Mondariz en 1942 e finado en Ponteareas o 25 de abril de 2014, foi un mestre, político e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre de EXB, instructor de Educación Física e especialista en lingua galega. Foi director do colexio público número 2 de Ponteareas. Vicesetretario,[1] e despois xecretario xeral de Coalición Galega.[2] Foi candidato de Converxencia Nacionalista Galega á alcaldía de Ponteareas nas eleccións municipais de 1991,[3] e foi elixido concelleiro. Como historiador dedicóuse a investigar sobre Ponteareas e Mondariz. Publicou varios libros e colaborou en medios de comunicación escritos e radiofónicos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Anacos de cousas celtas, 2008.
- Ponteareas da "ialma", 2011.
- Aqueles oficios de preto da raia, 2012.
- O túnel do Barroso, 2013.
- Os nove tesouros do Condado e A Paradanta, 2014.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En marzo de 2015 foi nomeado fillo adoptivo de Ponteareas a título póstumo.[4]
- A Biblioteca Pública de Mondariz leva o seu nome.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Magdalena Diz Sotelino e foi pai de Marola, Malena, Xan e Trini Pérez-Labaca Diz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 10-11-1991, p. 29.
- ↑ La Voz de Galicia, Lugo, 30-9-1993, p. 43.
- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, 4-5-1991, p. 33.
- ↑ Labaca 'Hijo Adoptivo de Ponteareas? a título póstumo
- ↑ Biblioteca Pública Municipal de Mondariz Xoán Xosé Pérez Labaca