Xoán II de Salerno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán II de Salerno
Biografía
Nacementoséculo X Editar o valor em Wikidata
Italia Editar o valor em Wikidata
Morte999 Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrince of Salerno (en) Traducir (983–994) Editar o valor em Wikidata
FillosGuaimaro III de Salerno Editar o valor em Wikidata

Xoán II ( ? – entre 994 e 998), príncipe longobardo, foi conde palatino de Salerno no 980 e rexente polo príncipe Pandulfo II.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo de Lamberto de Spoleto, foi desterrado do principado no 981, cando o duque Mansón I de Amalfi derrocou ao xove soberano e se apoderou do trono. O goberno do amalfitano e do seu fillo Xoán foi moi opresivo e a poboación de Salerno estourou nunha revolta. No 983 Mansón e o fillo foron expulsados e Xoán Lamberto, duque de Spoleto, foi elixido príncipe de Salerno.

Durante o seu reinado, Xoán II tentou establecer o control propio sobre o mosteiro de San Massimo e as propiedades relacionadas, pero o plano fallou. Xunto coa súa muller Sichelgaita fundou Santa Maria de Domno, que puxo directamente baixo a autoridade da arquidiocese de Salerno. En efecto o mosteiro tivo moita fortuna xa baixo o primeiro abade, Radoaldo, pero os intentos de Xoán de controlar a relixión e as institucións eclesiásticas reduciuse a pouco máis ca isto. En xaneiro de 984 asociou ao trono ao seu fillo Guido, que morreu no 988. Entre xaneiro e marzo de 989 asociou ao goberno outro fillo, Guaimaro, o seu sucesor no trono. Deixou outros catro fillos: Pandulfo, Lamberto, Xoán e Pedro.

Segundo unha lenda relatada por Pier Damiani, en ocasión dunha erupción do Vesuvio, o príncipe Xoán exclamou que se trataba sen dúbida dun presaxio que anunciaba a morte dun home rico, que había seguramente de ser condenado ao inferno. O día seguinte, el mesmo foi atopado morto entre os brazos dunha prostituta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LV Ginammi – Giovanni da Crema. Roma, 2000.