Xoán Froilaz Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoán Froilaz Mariño
Nacemento1200
Falecemento1250
editar datos en Wikidata ]

Xoán Froilaz Mariño (1200 - c. 1250) foi un cabaleiro medieval do Reino de Galiza e de Portugal, onde foi señor da Domus Fortis, denominada Torre dos Mariños ou Torres do Martelo (que sería herdanza doutro dos seus célebres descendentes, don Paio Gómez Chariño) situada na freguesía de São Martinho de Alvaredo, preto a Galiza, en xurisdición de Valadares. Viviu nas terras de Valadares onde exerceu o cargo de gobernador por orde real. Conde e duque de Valadares, conde de Alfavarra cando se converteu en par do novo reino portugués.

Familia[editar | editar a fonte]

Fillo de don Froilaz, duque e conde (1170 -?) e da Serea Marinha (Dona Marina Marinha, c. 1170 -?) casou con Elvira Ordóñez de Bovida (Bóveda, 1220 -?), filla de Garcia Ordonhes de Bovida, señor de Bóveda:

  • Paio Eans Mariño (1210 -?) casou con Maior Fernández Turrichão,
  • Gonzalo Eans Mariño (1220 -?) casou con Tareixa Fernández,
  • Pedro Eans Mariño (1250 -?) casou dous veces, a primeira con Sancha Vasques Sarraza e a segunda con Tareixa Pires Mourão,
  • Marti Eans Mariño (1230 -?),
  • Xoán Eans Mariño.
  • Xoán II Eans Mariño.
  • Osorio Eans Mariño.
  • Sancha Eans Mariño.
  • Arina Eans Mariño.

Os xenealoxistas coinciden en que era membro da poderosa casa de Traba aínda que os documentos e testamentos o fan fillo de don Fernando Pérez de Traba (1090-1155) e de Sancha González de Lara.

Dignidades[editar | editar a fonte]

José da Costa Felqueiras Gayo, faino 11º mestre da Orde Militar de Avis e 8º mestre da Orde de Cristo. Cabaleiro da Orde do Temple e de Alcántara.

No Nobiliario de familias de Portugal, dise que Xoán Froilaz Mariño, era montero maior do rei e fillo de Froilaz, cabaleiro vido a Galiza con don Mendo cabaleiro medieval chegado de Francia. Situación que cae polo seu propio peso; xa que, o dito don Mendo aparece relacionado na conquista de Coímbra moitos anos antes.

Don Mendo, está historicamente identificado con don Hermenexildo Guterrez O Grande (842-920), conde de Coímbra e duque de Portugal, ilustre figura do século IX e antepasado dos Traba e os Mariño a través do seu fillo don Guterre Menende, conde de Coímbra e duque de Portugal.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • José da Costa Felgueiras Gayo, Nobiliario das Familias de Portugal, Carvalhos de Basto, 2ª Edição, Braga, 1989. vol. VI-px. 550 (Marinhos).
  • Enciclopedia Salvat. Tomo M, páxina 121.
  • Diccionario Heráldico y Genealógico de Apellidos Hispanos y Americanos. Alberto García Carrafa. Tomo L. M. Páxina 17, 18, 19.