Xoán Bello Mallou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoán Bello Mallou
Nacemento1925
 Santiago de Compostela
Falecemento12 de xaneiro de 2014
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Xoán Bello Mallou, chamado simplemente Mallou, nado nas Casas Novas (Santiago de Compostela) en 1925 e falecido o 12 de xaneiro de 2014 en Santiago de Compostela, foi un gaiteiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciuse como instrumentista de gaita co mestre Alfredo O Ferrador e comeza a tocar en festas e romarías dende a primeira mocidade. En 1939 toca cos Enxebres por primeira vez nas festas de Grixoa. Seis anos máis tarde ingresou na Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, da que formou parte durante máis de medio século ata que se retirou completamente en 2001. En Cantigas e Agarimos fixo dúo estable con Basilio Carril e coincidiu con outros destacados gaiteiros da posguerra.

Como gaiteiro fixo xiras polas comunidades galegas de Europa e América, e obtivo a Medalla Marcial del Adalid da Real Academia de Belas Artes. A súa peza máis coñecida é o pasodobre de Mallou, que ten sido gravada por varios conxuntos tradicionais, como Durindaina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]