Xilin kenyano
Aparencia
Xilin kenyano | |
---|---|
Kenyan shilling Shillingi ya Kenya | |
Billete de 1000 xilins | Moeda de 10 xilins |
Código: | KES |
Ámbito: | Kenya |
Símbolo: | KSh |
Fracción: | 100 cents |
Emisor: | Banco Central de Kenya |
Taxa de troco: (7 de febreiro de 2021) | 1 EUR = 131,7 KSh |
O xilin kenyano (en inglés, Kenyan shilling; en suahili, Shillingi ya Kenya) é a moeda oficial da República de Kenya, que substituíu en 1966 ao xilin de África Oriental.
Moedas e billetes
[editar | editar a fonte]A moeda subdivídese en 100 centavos. Hai billetes de 50, 100, 200, 500 e 1000 xilins. As moedas son de 50 centavos e 1, 5, 10, 20 e 40 xilins, tamén hai moedas de 5 e 10 centavos que malia ser de curso legal, xa case nin se utilizan.