Xildas (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xildas
Autor/aAntonio Manuel Fraga
OrixeGalicia
Linguagalego
Xénero(s)Literatura infantil
EditorialGalicia Sushi Books, Rinoceronte Editora
Data de pub.Galicia 2013
Páxinas212
ISBNISBN 978-84-15920-01-4
editar datos en Wikidata ]

Xildas é unha novela infantil escrita por Antonio Manuel Fraga que foi publicada por Sushi Books, selo editorial de Rinoceronte Editora, no ano 2013.[1]

A novela conta con versións traducidas ó castelán, ó catalán e ó éuscaro.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ambientado na vila mariñeira e ficticia de Sesgaña, conta a historia dunha rapaza de nove anos chamada Catuxa. Un día, Catuxa atópase cun trasno chamado Xildas, e xunto cos seus amigos terá que buscarlle un novo fogar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rinoceronte.gal (ed.). ""Xildas" en Sushi Books". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019.