Xiandai Wenxue
A Galipedia ten un portal sobre: China |
Xiandai Wenxue (chinés tradicional:現代文學; chinés simplificado: 现代文学; pinyin: Xiàndài Wénxué) foi unha revista literaria taiwanesa publicada entre o 5 de maio do 1960 e setembro do 1983.[1] Tiña unha tirada bimensual, e chegou a un total de 73 números e máis de 1400 artigos.[1][2][3] Editaron obras de carácter ecléctico, que foron fundamentais para o desenvolvemento da literatura taiwanesa do século XX.[2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]A revista foi creada por varios estudantes da Universidade Nacional de Taiwán, entre os que se atopaban Ouyang Tzu, Pai Hsien-yung e Bai Xianyong, quen sería o seu editor en xefe.[4] Nela debutaron prominentes escritores taiwaneses, entre os que destaca Sanmao.[1][5] O estilo das historias editadas era moderno, tal e como era usual na literatura taiwanesa de finais dos cincuenta e comezos dos sesenta.[1][5]
A revista deixou de publicarse no 1983.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Chi, Pang-Yuan; Wang, David Der-wei (2000-09-22). Chinese Literature in the Second Half of a Modern Century: A Critical Survey (en inglés). Indiana University Press. ISBN 978-0-253-10836-4.
- ↑ 2,0 2,1 林積萍 (2005). 《現代文學》新視界: 文學雜誌的向量探索 (en chinés). 讀冊文化事業有限公司. ISBN 978-957-29994-2-4.
- ↑ 3,0 3,1 白先勇 (2016-07-13). 現文因緣 (en chinés). 聯經出版事業公司. ISBN 978-957-08-4766-6.
- ↑ Jr, Kevin J. Wetmore; Liu, Siyuan; Mee, Erin B. (2014-05-08). Modern Asian Theatre and Performance 1900-2000 (en inglés). A&C Black. ISBN 978-1-4081-7720-4.
- ↑ 5,0 5,1 Chen, Y. (2011-05-23). The Many Dimensions of Chinese Feminism (en inglés). Springer. ISBN 978-0-230-11918-5.
- ↑ Chang, Hsi-kuo (2003-04-24). The City Trilogy: Five Jade Disks, Defenders of the Dragon City, and Tale of a Feather (en inglés). Columbia University Press. ISBN 978-0-231-50246-7.