Xestor de arranque
Aparencia
Un xestor de arranque (en inglés bootloader) é un programa informático sinxelo que non ten a totalidade das funcionalidades dun sistema operativo, deseñado exclusivamente para preparar todo o que precisa o sistema operativo para funcionar. Normalmente utilízanse os cargadores de arranque multietapas, nos que varios programas pequenos súmanse uns cos outros, ata que o último deles carga o sistema operativo.
Nos ordenadores modernos, o proceso de arranque comeza coa CPU executando os programas contidos na memoria ROM nunha dirección predefinida e configúrase a CPU para executar este programa, sen axuda externa, ó acender o ordenador.