Xesús Rodríguez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xesús Rodríguez Rodríguez
Xesús Rodríguez Rodríguez.jpg
Nacemento1969
 Cabreiros
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpedagogo
editar datos en Wikidata ]

Xesús Rodríguez Rodríguez, nado en Cabreiros (Xermade) en 1969, é un pedagogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Filosofía e Ciencias da Educación coa tese Os materiais curriculares e a Reforma Educativa en Galicia (Premio Nacional de Investigación), que deu pé ao libro Os materiais curriculares en Galicia (Xerais, 2009). Na actualidade é mestre e profesor do departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela. Como investigador está especializado nos materiais e recursos didácticos en soporte impreso e dixital. É membro de Nova Escola Galega e dirixe a Revista Galega de Educación.

Exerceu a docencia na Universidade de Porto Rico. É directivo da IARTEM (Internacional Association for Research on Textbooks and Educational Media), vicedecano da Facultade de CC. da Eduación e forma parte do grupo de investigación Stellae.

En 2003 obtivo o I Premio de Innovación da USC coa experiencia A elaboración de materiais didácticos pro e para Adultos/as.

No ano 2004, xunto cun grupo de mestres do CEIP Serra de Outes obtivo o I Primeiro Premio Educompostela (2004) cunha experiencia para alumnado con necesidades educativas especiais.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Os materiais curriculares e a atención á Diversidade Sociocultural (2005)
  • A Fenda Dixital (2007)
  • As actividades e os Recursos Educativos dos Museos de Galicia (2008)
  • Análise socioeducativa do Concello de Boiro (1996)
  • Análise da Rede de Centros do Concello das Pontes (2007)
  • A Escola, Punto de Encontro entre o profesorado e educadores/as sociais (2006)

Coordinou ou participou en proxectos de elaboración de materiais didácticos, e coordina o congreso de Materiais Didácticos de Nova Escola Galega.