Xerófilo
Aparencia
(Redirección desde «Xerófita»)
O adxectivo xerófilo,[1] e o substantivo xerófito,[2] (do grego antigo xero-: seco, -filo: amigo, e -fito: planta) aplícanse en botánica á vexetación e ás asociacións vexetais especificamente adaptadas para a vida nun medio seco. É dicir, plantas adaptadas á escaseza de auga na zona na que habitan, como a estepa ou o deserto.[3][4][5][6][7]
Encóntranse en rexións climaticamente áridas e tamén en ambientes excepcionalmente secos de rexións semiáridas ou subhúmidas.[3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Presentan trazos que lles permiten sobreviviren en ausencia dunha subministración abundante de auga.
- Raíces longas, que constitúen unha extensa rede superficial, como ocorre nos cactos e iucas, para aproveitar as chuvias esporádicas, ou que profundizan na terra até alcanzaren niveis freáticos, ou simplemente húmidos.
- Tronco engrosado para almacenar auga.
- Árbores caducifolios que desprenden as follas en períodos longos de seca
- Follas con "poros" o estomas, ou follas reducidas a espiñas ou simplemente follas ausentes, trasladándose a función fotosintética aos caules.
- Metabolismos fotosintéticos especialmente adaptados ao aforro de auga.[6][7]
Os xardíns formados por xerófitos denomínanse xeroxardíns.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ xerófilo, xerófila no Dicionario da RAG
- ↑ xerófito, xerófita no Dicionario da RAG
- ↑ 3,0 3,1 Font Quer, P. 1977: Diccionario de Botánica. Editorial Labor S.A. Barcelona. pp:1111=1112. ISBN 84-335-5804-8.
- ↑ 4,0 4,1 Strasburger, Edward. 1981: Tratado de Botánica. Editorial Marín S.A. Barcelona. ISBN 84-7102-990-1.
- ↑ 5,0 5,1 Bastidas Arístides. 1991: Las plantas y sus 13 residencias. Ediciones Corpoven, S.A. Caracas.
- ↑ 6,0 6,1 Medina, Ernesto. 1977: Introducción a la ecofisiología vegetal. Organización de los Estados Americanos. Monografía 16.
- ↑ 7,0 7,1 Gold Morgan, Michele. 1983: Procesos energéticos de la vida. Fotosíntesis. Editorial Trillas S.A. México. ISBN 968-24-0927-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Drought Smart Plants
- Cactus and Succulent Society of America Arquivado 26 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |