Xermoplasma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O xermoplasma[1] é o conxunto de xenes que se transmite pola reprodución á descendencia por medio de gametos ou células reprodutoras. O concepto de xermoplasma utilízase comunmente para designar á diversidade xenética das especies vexetais silvestres e cultivadas de interese para a agricultura e, nese caso, asimílase ao concepto de recurso xenético.

Co fin de conservalo en calquera da súa forma reprodutivas (sementes, esgallos, tubérculos etc) establecéronse no mundo os chamados bancos de xermoplasma[2]: a súa misión consiste en situar, colleitar, conservar e caracterizar o plasma xerminal das plantas que, polos seus atributos son consideradas de interese prioritario para beneficio da humanidade, ademais de achegar coñecemento científico orientado á optimización da conservación e uso dos recursos fitoxenéticos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Termo galego en Léxico panlatino de biotecnoloxía e cultivo de tecidos, Rede Panlatina de Terminoloxía / Centro Lexterm. Universidade de Brasilia. 2007
  2. Termo galego en Léxico panlatino de biotecnoloxía e cultivo de tecidos, Rede Panlatina de Terminoloxía / Centro Lexterm. Universidade de Brasilia. 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]