Xenxo Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXenxo Carballo
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1909 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Mortefebreiro de 1997 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ginés Carballo Valcarce, coñecido como Xenxo Carballo, nado en Barcelona o 16 de febreiro de 1909 e finado en Pontevedra en febreiro de 1997,[1] foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre en Cataluña nas escolas de Cornellà de Llobregat e Sant Joan Despí. Foi fundador do Centro Galego de Barcelona e participou no comité de apoio a Comisión Pro Autonomía Gallega. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colleuno na zona rebelde e alistouse no exército franquista. En 1938 era xefe da oficina de prensa do Ministerio de Educación Nacional;[2] e ese mesmo ano foi enviado en viaxe oficial á Italia fascista, estancia da que deixou escritos nos que enxalza con entusiasmo a figura de Benito Mussolini. Rematou destinado en 1939 no Servicio de Defensa del Patrimonio Nacional con gradación de alférez. Chegou a exercer de profesor de italiano, reapareceu a finais dos anos 60 en Barcelona, volvendo utilizar o nome Xenxo Carballo. Implicouse en actividades do Centro Gallego e de O Penedo-Fogar Galego, do que foi vicepresidente en 1987[3] e 1991,[4] desde un achegamento a Manuel Casado Nieto e Antonio Gómez-Reino. Retornou a Galicia en 1994.[5] En 1996 apareceu implicado nunha frustrada operación para formar un partido galeguista de dereitas deseñada por Enrique Marfany e Juan Fernández García.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Barcelona con María Fernanda Rodríguez de las Heras en 1953.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Pontevedra, 20-2-1997, p. l38.
  2. El Progreso, 22-5-1938, p. 3.
  3. La Voz de Galicia, 29-5-1987, p. 18.
  4. La Voz de Galicia, 23-7-1991, p. 22.
  5. La Voz de Galicia, 5-8-1994, p. 31.
  6. A Nosa Terra, 20-6-1996, p. 4.
  7. Hoja Oficial de la Provincia de Barcelona, 6-7-1953, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]