Xentrificación
A xentrificación é un concepto urbanístico referido a un proceso de transformación física, económica, social e cultural dun barrio ou área dunha certa extensión, antigamente degradado ou de clase baixa que acaba sendo de clase media-alta.
A etimoloxía da palabra procede do inglés gentry, referido á alta burguesía. O termo foi usado por vez primeira en 1964 pola socióloga Ruth Glass, ao estudar os cambios sociais que se presentaban en Londres con relación ao territorio.
Características
[editar | editar a fonte]Os edificios son restaurados ou modificados, incrementando o valor, cousa que co tempo acaba expulsando os seus antigos habitantes, máis pobres. É un fenómeno que se está a dar no centro de moitas cidades de Occidente, especialmente en Europa, cambiando unha tendencia xa secular das súas clases dirixentes, que abandonaban os centros en beneficio de avenidas máis salubres ou suburbios distinguidos.
Casos significativos son os acontecidas nas cidades mediterráneas de Barcelona ou Marsella, co barrio de Gràcia ou Le Panier respectivamente. Tamén en Galiza existen tales procesos de xentrificación, principalmente nas áreas históricas das principais cidades[Cómpre referencia].
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xentrificación |