Xenética clásica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A xenética clásica é aquela na que o estudo da xenética non emprega as técnicas da bioloxía molecular, senón fundamentalmente os resultados visibles dos actos reprodutivos, como os cruzamentos entre distintas variedades. Os primeiros estudos sobre a transmisión dos trazos xenéticos (a herdanza xenética) corresponden a este campo: por exemplo, as leis de Mendel ou a análise do ligamento. Malia o advimento da xenética molecular, os enfoques da clásica seguen utilizándose: por exemplo, na agricultura, durante a mellora xenética; ou, nos mapas xenéticos de baixa resolución, coa finalidade de situar a posición relativa dos xenes nos cromosomas.

Algunhas veces emprégase o termo xenética clásica como un sinónimo sensu lato de xeńetica directa (forward genetics na literatura científica en inglés), pero non opoñéndoa á xenética molecular senón á chamada xenética inversa (reverse genetics). Ambas as dúas difiren no enfoque empregado durante o deseño de experimentos, xa que a xenética directa busca situar e clonar un determinado xene de interese partindo de individuos cun fenotipo destacado (xeralmente mutantes), mentres que a xenética inversa parte do coñecemento da secuencia de ADN dos xenes probables e emprega ferramentas da xenética molecular e da transxénese para xerar mutantes que sirvan para coñecer cal era a función doxene

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]