Xavier Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xavier Fernández Ríos»)
Infotaula de personaXavier Ríos
Biografía
Nacemento(es) Xavier Fernández Ríos Editar o valor em Wikidata
1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesXavier Ríos Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Xavier Fernández Ríos, nado en Moaña en 1957, é un pintor e escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou os estudos de Primaria na Escola do Coxo, preto da súa casa, e rematounos no Seminario Menor en Santiago de Compostela. Despois, estudou Formación profesional (torneiro mecánico) en Pontevedra. O traballo de Xavier Ríos vai da pintura á escultura, na que utiliza metais diferentes e pedra. Algunhas esculturas súas están en Cangas e Moaña.

Avión de papel[1] en Moaña.

Dende 1988 ata hoxe son moitas as exposicións nas que participa tanto a nivel individual como formando parte de colectivos. Na actualidade imparte clases particulares de pintura e debuxo en Moaña. Está moi interesado na aplicación da informática ao traballo artistíco.

Exposicións[editar | editar a fonte]

  • 1993 - Galería Sargadelos. Ourense
  • 1994 - Galería Sargadelo de Vigo e Galería Sargadelos de Pontevedra
  • 1997 - Caixa Vigo Nova Sala Vigo
  • 1999 - Caja Madrid, Palacete Mendoza. Pontevedra
  • 2000 - Galería M.C. Santiago de Compostela
  • 2002 - Sala Asociación Cultural A Carón do mar. Cangas.

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Dende 1995 o seu traballo tamén foi recoñecido con premios e bolsas de estudo:

  • 1995: Bolsa Novos Valores. Deputación de Pontevedra
  • 1995: Accésit Certame de Pintura Gran Bazán. Pontevedra
  • 1997: I Premio de Escultura Artistas do Morrazo. Cangas
  • 1998: III Premio de Pintura Salón de Outono R. A. Bellas Artes. A Coruña
  • 2004: Accésit Certame de Pintura Conxemar. Vigo. Díaz Pardo. Deputación A Coruña
  • 2010: seleccionado no certame Terras de Iria. A Coruña
  • 2010: seleccionado no XXVII Certame de Pintura. Cambre

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Calvo, Juan (17 de febrero de 2016). "Un paseo por el arte de Moaña". Faro de Vigo. Consultado o 18 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]