Xavier Elies
Xavier Elies | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de abril de 1941 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Falecemento | 30 de xuño de 2010 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | economista |
Premios | Medal of Honor of the Parliament of Catalonia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xavier Elies é un economista e foi cantante en lingua catalá vinculado ao movemento da Nova Cançó en Cataluña, o sétimo integrante dende o ano 1963 de Els Setze Jutges.
Xavier Elies naceu en Barcelona e gravou un só disco, seguiu un estilo moi característico dentro dunha liña humorística e satírica na que predominaba a influencia dos grandes autores da chanson francesa, especialmente Georges Brassens, do que é un fiel seguidor. Ao igual que o resto de membros de Els Setze Jutges realizou un gran número de actuacións en directo e recitais por terras catalás nun labor importante de divulgación da Nova Cançó, aínda que non conseguiu ningún grande éxito popular.
Tivo tamén unha intervención fugaz como cantante e instrumentista do grupo Els Quatre Gats, o primeiro destas características que cantou en lingua catalá.
Unha vez superado o primeiro período de popularización da canción en catalán, cando o movemento adquiría as súas máis altas cotas de popularidade, Xavier Elies optou por retirarse do mundo da canción.
O 13 de abril de 2007, xunto co resto de compoñentes de Els Setze Jutges recibiu a Medalla de honra do Parlamento de Cataluña, en recoñecemento polo seu traballo en favor da cultura e a lingua catalás durante a ditadura.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Garcia-Soler, Jordi. La Nova Cançó. Edicions 62, 1976.