Xanadu (Titán)
Xanadu | |
---|---|
Xanadu é a extensa rexión brillante no centro cara a dereita nesta imaxe de Titán. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Accidente de albedo brillante |
Accidente xeolóxico de | Titán |
Diámetro | 3.400 km [1] |
Coordenadas | 15° S 100° O[1] |
Procedencia do nome | Xanadu, o palacio que aparece na obra Kubla Khan.. |
Xanadu (a miúdo chamada "Xanadu Regio", aínda que non é o seu nome oficial) é unha grande área brillante no hemisferio de vangarda da lúa de Saturno,Titán. Este vasto accidente xeolóxico ten un diámetro do redor de 3.400 km[1] e unha extensión semellante á de Australia[2]. O seu nome provén do lendario palacio descrito no poema Kubla Khan de Samuel Taylor Coleridge.
Xanadu foi descuberto polo Telescopio Hubble no ano 1994 coma unha rechamante mancha brillante vista a través do infravermello. Cando o radar da Cassini volveu a captar imaxes de Xanadu o 30 de abril do 2006, atopouse cunha superficie modificada polos ventos, choivas e ríos[2]; algúns destes sistemas fluviais moi posiblemente van morrer nos bancos de dunas que existen nas zonas ecuatoriais próximas a Xanadu , xa que Xanadu esta máis elevado cás zonas limítrofes[3]. Moi posiblemente serían estes ríos os que achegarían parte do material do que están formadas esas dunas, ó arrastrar grans de area e depositalos nas dunas. En Titán, onde existen unhas temperaturas moi baixas, as choivas, ríos e canles non son de auga senón que están feitos de hidrocarburos, moi posiblemente metano ou etano.[2]
En imaxes tomadas o 28 de maio do 2008, durante un dos sobrevoos da Cassini puidéronse atopar canles tan anchas coma o Támese na súa desembocadura (entre 3-5 kms) e poden ter varios centos de metros de profundidade[4]. Tamén se atoparon cráteres de impacto parcialmente degradados en imaxes obtidas pola Cassini o 30 de abril do 2008, un destes cráteres ten incluso un pico central, indicando unha interacción do impacto coa codia de Titán distinta en comparación có cráter Sinlap, de tamaño semellante ó atopado nas imaxes obtidas pola Cassini na data xa sinalada[5].
Xanadu é estudado con intensidade debido ás numerosas virgae (sobre todo as que están preto da fronteira con Shangri-La) e varias regiones que existen dentro deste extenso accidente xeolóxico, así coma pola existencia de cráteres no interior desta rexión, a parte de ser fronteiriza con grandes rexións, Shangri-La no oeste e Fensal ó leste.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Titan: Xanadu". Consultado o 22-06-2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Nasa, ed. (19-07-06). "Cassini Reveals Titan's Xanadu Region to Be an Earth-Like Land". Arquivado dende o orixinal o 17-03-2010. Consultado o 24-04-2010.
- ↑ Nasa, ed. (05-05-2006). "Xanadu: Rivers flowed onto a sunless sea". Arquivado dende o orixinal o 27-03-2010. Consultado o 24-04-2010.
- ↑ Nasa, ed. (08-08-2008). "Xanadu's Channels". Arquivado dende o orixinal o 26-05-2010. Consultado o 24-04-2010.
- ↑ Nasa, ed. (05-05-2006). "Impact craters on Xanadu". Arquivado dende o orixinal o 27-03-2010. Consultado o 24-04-2010.
- Map of Titan with Xanadu and Huygens landing site visible from the Cassini-Huygens mission homepage
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Patch of Saturn's Moon Resembles Earth
- Cassini finds land on Titan Lucy Sherriff (The Register), 20 de xullo de 2006 13:36 GMT