Xaime Requeixo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1969 (55 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Boloña |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xaime Manuel Requeixo Souto, nado en Lugo o 28 de outubro de 1969, é un avogado e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Hispánica (1992) e en Dereito (1997) pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor Europeo en Dereito Civil pola Universidade de Boloña (2002). Exerceu a avogacía por conta propia e allea, foi profesor de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Departamento de Dereito Común da USC e logo pasou a dar clases na Universidade Internacional da Rioxa.
Presentouse en varias eleccións nas listas de Converxencia 21 e nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 encabezou a lista do partido pola Coruña[1]. Dende abril de 2018 ata novembro de 2022 foi o secretario xeral desa formación[2].
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A xerarquización, 2006, Alvarellos.
Obra en italiano
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Il dovere di informazione del chirurgo estetico nel diritto italiano, 2005, Unidixital, Santiago.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Derecho y responsabilidad civil gerontológica, 2007, editorial Mayán, Santiago.