Xabier Oviedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Maceda | |
2007 – 2015 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Familia | |
Fillos | Uxía Oviedo |
Francisco Xabier Oviedo Rodríguez, nado en 1967, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Informático autónomo. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Maceda e foi elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2011 foi reelixido como cabeza da lista máis votada. Trala ruptura do BNG após a Asemblea de Amio de xaneiro de 2012, deuse de baixa xunta o seu equipo de goberno e a práctica totalidade da militancia nacionalista en Maceda, pasando a rexilo concello como concelleiros non adscritos e sumándose posteriormente á formación Compromiso por Galicia.
Nas municipais de 2015 encabezou dita formación e perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que logrou maioría absoluta. En decembro de 2018 foi designado candidato do PSdeG-PSOE en Maceda pola dirección provincial do partido de cara ás municipais de 2019, nas cales foi a segunda forza máis votada tralo PPdeG, que pese a perdela maioría absoluta mantivo o goberno debido a que a candidata de Espazo Común e anterior líder socialista optou por non apoiar a Oviedo e meses despois pasou a gobernar en coalición con eles. En 2023 retirouse como candidato en favor da súa filla Uxía Oviedo, a cal logrou a alcaldía co apoio do BNG.
Predecesor: Manuel Rodríguez Carballo |
Alcalde de Maceda 2007 - 2015 |
Sucesor: Rubén Quintas Rodríguez |