Saltar ao contido

Würth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Würth

Centro Loxístico Würth en Agoncillo (La Rioja, España).
TipoFundación
Fundación1945
MatrizWürth-Gruppe
LocalizaciónKünzelsau Alemaña Alemaña
FundadorAdolf Würth
Persoas claveReinhold Würth
IndustriaFixación e montaxe
ProdutosFerramentas
fixacións
pezas
Beneficio12 700 Millóns de euros (2017)[1]
Número de empregados74.500 (2017)
Na rede
https://www.wuerth.de/, https://www.wuerth.it/, https://www.wurth.fi/ e https://www.wurth.es/
Facebook: Wuerth.Group Instagram: wuerth_germany Youtube: UCD0y03bAApSG3Qugo1n0Xhw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Würth é unha multinacional alemá fundada en 1945 co nome Adolf Würth GmbH & Co. KG, e sede en Künzelsau. Adícase á venda de accesorios, ferramentas, materiais para montaxe e fixación para industria e construción.

Würth está formada por 400 empresas que operan en 86 países.

Würth foi fundada en 1945 por Adolf Würth (1909-1954), a empresa adicábase á venda de parafusos en Künzelsau, Alemaña. Despois da morte de Adolf Würth en 1954 foi o seu fillo, Reinhold Würth, á idade de 19 anos e a súa nai, Alma Würth son quen se fan cargo da empresa de venda de parafusos que nese momento era aínda unha empresa de dúas persoas.

Dende entón, a compañía converteuse en líder do grupo retallista coa participación principal de negocios na distribución de fixación, e materiais de montaxe e ferramentas con aproximadamente 120.000 produtos diferentes. Entre os seus máis de 3 millóns de clientes atópanse principalmente empresas do sector da construción, a madeira e a metalurxia, empresas de automoción, e os clientes industriais máis importantes.

O Grupo Würth está especializado na distribución a través de representantes de vendas, comerciais a comisión.

Despois de cinco anos de investigación, o grupo abriu o 27 de outubro de 2006 en Schwäbisch Hall, unha planta para a produción comercial dos novos tipos de células solares sen silicio, de cobre, indio e selenio (CIGS, acrónimo en inglés de Copper indium gallium selenide, CuInGaSe2).

Würth en España

[editar | editar a fonte]
Museo Würth en Agoncillo.

Würth ten a súa sede en España na localidade barcelonesa de Palau-solità i Plegamans que ocupa unha extensión de 25.000 m², incluíndo un centro loxístico. Würth ten outro centro loxístico na localidade rioxana de Agoncillo de 41.000 m² que inclúe oficinas e o Museo Würth La Rioja, onde se expón a Colección Würth de arte contemporánea.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]