William Frederick Fisher
William Frederick Fisher | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 1 de abril de 1946 |
Lugar | Dallas |
Cónxuxe | Anna Lee Fisher |
Actividade | |
Misións | STS-51-I |
Tempo no espazo | 7,10 días |
Premios | Medalla o Servizo Excepcional da NASA e NASA Space Flight Medal |
[ editar datos en Wikidata ] |
William Frederick Fisher, nado en Dallas (Texas) o 1 de abril de 1946, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión STS-51-I. Está casado coa tamén astronauta Anna Lee Fisher.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fisher graduouse pola Universidade Stanford en 1968. Ten un doutoramento en medicina pola Universidade de Florida en 1975.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA como astronauta en maio de 1980, participando na misión STS-51-I en 1985. Pasou un total de 7,10 días no espazo. Retirouse da NASA en 1991.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Fisher, Dr William Frederick" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (decembro de 1993). "WILLIAM F. FISHER (M.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Frederick Fisher ![]() |