Anna Lee Fisher
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de agosto de 1949 Chile |
| Educación | San Pedro High School Universidade de California, Os Ánxeles |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta, química, médica |
| Tempo no espazo | 7 días, 23 horas e 44 minutos |
| Familia | |
| Cónxuxe | William Frederick Fisher |
| Fillos | Kristin Fisher |
| Premios | |
Anna Lee Fisher, nada en Nova York o 24 de agosto de 1949, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte da misión STS-51-A. Foi a primeira nai en viaxar ao espazo. Está casada co tamén astronauta William Frederick Fisher.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fisher graduouse en química e medicina pola Universidade de California nos Ánxeles en 1971 e 1976 respectivamente. É máster en química pola mesma universidade en 1987.[1][2]
Foi seleccionada pola NASA como astronauta en xaneiro de 1978, participando na misión STS-51-A en 1984. Pasou un total de 7,99 días no espazo. Retirouse da NASA en 2017.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2019). "Fisher, Anna Lee Tingle" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2020.
- 1 2 3 NASA, ed. (28 de abril de 2017). "Legendary Astronaut Retires from NASA" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anna Lee Fisher |