Saltar ao contido

William E. Castle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «William Ernest Castle»)
Modelo:BiografíaWilliam E. Castle
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1867 Editar o valor en Wikidata
Ohio, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 1962 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Denison University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo, zoólogo, xenetista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Wisconsin-Madison Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoSewall Wright Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosWilliam Bosworth Castle Editar o valor en Wikidata
Premios

William Ernest Castle, nado o 25 de outubro de 1867 e finado o 3 de xuño de 1962, foi un dos primeiros xenetistas estadounidenses.

Primeiros anos e educación

[editar | editar a fonte]

William Ernest Castle naceu nunha granxa de Ohio e tivo un temperán interese pola historia natural. Graduouse en 1889 na Universidade Denison en Granville, Ohio, que era un colexio baptista que enfatizaba os estudos clásicos, e seguiu estudando ata converterse en profesor de latín na Universidade de Ottawa en Ottawa, Kansas, onde publicou o seu primeiro artigo sobre as plantas anxiospermas da zona. Despois de tres anos na docencia, a botánica espertoulle máis interese que o latín.[1]

Castle entrou nas clases superiores da Universidade Harvard en 1892 e en 1893 obtivo unha segunda licenciatura (A.B.) con honras. Foi nomeado axudante de laboratorio de zooloxía, fixo un máster (A.M.) en 1894 e un doutorameno (Ph.D.) en 1895. Despois ensinou zooloxía na Universidade de Wisconsin–Madison e no Knox College de Galesburg, Illinois, en cada un dos casos durante un ano.

Harvard e as drosófilas

[editar | editar a fonte]

Castle volveu a Harvard en 1897. O seu primeiro traballo estivo enfocado na embrioloxía, pero despois do redescubrimento da xenética mendeliana en 1900, volveu a centrarse na xenética dos mamíferos, especialmente na do coello de Indias. Ese mesmo ano, foi elixido membro da Academia Americana das Artes e as Ciencias.[2]

En 1903 Castle interveu no debate sobre os fundamentos matemáticos da xenética mendeliana. Corrixiu algúns traballos preliminares de Udny Yule sobre cría por selección deliberada e xenética. Ao facelo, anticipou o que agora se coñece como a lei de Hardy–Weinberg. Formulada así: "tan pronto como a selección se detén a raza permanece estable no grao de pureza que para entón acadou", aparece nun artigo seu de novembro dese ano.[3]

En Harvard, Charles W. Woodworth suxeriulle a Castle que se debería usar a mosca Drosophila para os experimentos xenéticos.[4] Castle foi o primeiro en usar a mosca do vinagre Drosophila melanogaster, e o seu traballo inspirou a Thomas Hunt Morgan a usar tamén Drosophila e foi a base dos traballos que fixo despois Morgan polos que recibiu o Premio Nobel en 1933.

Institución Bussey

[editar | editar a fonte]

En 1908 Castle trasladouse do Museo de Harvard de Zooloxía Comparativa á Institución Bussey para a Bioloxía Aplicada. Foi elixido membro da Sociedade Filosófica Americana en 1910.[5] En Harvard, o seu estudante de doutoramento máis famoso foi Sewall Wright, que se graduou (PhD) en 1915. Ese mesmo ano foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.[1] Cando se fundou a Oficina de Rexistros Euxenéticos en 1912, traballou como membro do seu cadro de conselleiros científicos, e en 1916 foi un dos dez fundadores da revista científica Genetics.

O seu traballo con ratas hooded (con pelame a manchas escuras e brancas) proporcionou importantes probas de que a evolución podía ocorrer pola acción da selección sobre pequenas variacións nos caracteres. Outro biólogos (como T. H. Huxley e William Bates) dubidran da crenza de Darwin de que eran suficientes pequenas vaiacións (sobre as que actuaba a selección natural por longos períodos de tempo) para explicar a evolución. Castle decatouse de que os caracteres sobre os que esta actuaba podían ser multifactoriais.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Castle retirouse de Harvard en 1936 cando pechou a Institución Bussey, e obtivo un posto na Universidade de California, Berkeley, como Asociado de Investigación en xenética de mamíferos.[6] En 1955 foi galardoado co Premio Kimber de Xenética da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.[7] Os seus últimos 242 artigos foron recompilados e publicados en 1961 cando tiña 91 anos.

En 1896 Castle casou con Clara Sears Bosworth, e tiveron tres fillos, un dos cales morreu na adolescencia. Os outros foron profesores en Harvard, William B. Castle de medicina, e o máis novo, Edward Castle, de fisioloxía vexetal.[8]

  1. 1,0 1,1 Dunn, Leslie Clarence. "William ernest castle 1867—1962 A Biographical Memoir" (PDF). National Academy of Sciences. 
  2. "William Ernest Castle". American Academy of Arts & Sciences (en inglés). 2023-02-09. Consultado o 2023-12-05. 
  3. W. E. Castle, The Laws of Heredity of Galton and Mendel, and Some Laws Governing Race Improvement by Selection, Proceedings of the American Academy of Arts and Sciences Vol. 39, No. 8 (Nov., 1903), pp. 223–242, at p. 237. Published by: American Academy of Arts & Sciences JSTOR - 20021870
  4. "Thomas H. Morgan – Biographical". nobelprize.org. Les Prix Nobel.  T.H. Morgan's Nobel Prize biography mentioning C. W. Woodworth's suggestion and W. E. Castle's use of Drosophila. (De Nobel Lectures, Physiology or Medicine 1922–1941, Elsevier Publishing Company, Amsterdam, 1965.) consultado o 14 de maio de 2018.
  5. "APS Member History". search.amphilsoc.org. Consultado o 2023-12-05. 
  6. Weir, John "Jack" A. (abril de 1994). "Harvard, Agriculture, and the Bussey Institution". Genetics 136 (4): 1227–1231. PMC 1205903. PMID 8013900. doi:10.1093/genetics/136.4.1227. 
  7. "Kimber Genetics Award". nasonline.org. National Academy of Sciences. Consultado o 14 de maio de 2018. 
  8. Jandl, James Harriman. "William B. castle 1897—1990 A Biographical Memoir" (PDF). National Academy of Sciences. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]