Wikipedia:Votacións para borrar/Portal:Informática
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Actualmente o portal está inactivo e case carente de contidos. Na páxina de conversa do portal pedín a algún usuario que se fixera cargo de mantelo e ninguén se ofreceu, polo que entendo que non hai interese en que siga activo. Piquito (conversa) 5 de xullo de 2013 ás 18:17 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 5 de xullo de 2013 ás 18:17 (UTC).[responder]
- Borrar. Polo que expresei no voto riscado; tírame máis cara o borrado que cara o mantemento. Se alguén se anima algún día a crear este ou outro portal, comprométome a axudalo coa parte técnica. --JaviP96 9 de xullo de 2013 ás 00:36 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. O portal está ben. Un portal é unha porta, para quen queira entrar nos artigos da Galipedia por ela, dende esa temática. Cumpre, mellor ou peor, a súa función. É mellorable, como todo, mais non creo que haxa motivo para borralo, e JaviP96 estivo traballando muito (recentemente) nel. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xullo de 2013 ás 20:00 (UTC)[responder]
- Neutros
# Neutro.É certo que o mellorei un pouco, e dá acceso a certo contido sobre a informática da Galipedia, porén, este é bastante escaso, e o portal só conta cun único artigo destacado, tampouco ten imaxes e o apartado de colaboración esta baleiro, no caso de que finalmente se manteña, habería que melloralo. Tamén se lle podería poñer algo coma este marcador de portal en progreso da wiki en francés. --JaviP96 6 de xullo de 2013 ás 10:43 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. HombreDHojalata, é certo que o portal permite entrar a algúns (moi poucos) contidos. Sobre o traballo de JaviP96, todo foi antes de que pedira a alguén que o mantivera. Non podemos crear portais e portais e deixalos ahí sen tocalos en anos, sen realizar un mínimo mantemento dos mesmos, eso é o que pasa neste, a imaxe que dá é nefasta (dende que se creou non tivo máis que un ou dous artigos destacados), non ten absolutamente ningunha sección (como di JaviP96 a colaboración está baleira, ademais non hai unha triste sección introdutoria que diga o que é a informática -unha liña escasa non se pode considerar como introdución ao tema-, o artigo destacado non é tal porque non liga a ningún lado) e dá a todo o que o ve unhsa sensación de desleixo. O certo é que non hai ninguén que o manteña (unha mágoa pero é a realidade) e para ter un portal sen contido o mellor é eliminalo e se no futuro alguén o quere reactivar xa se refará, mais agora fai máis mal que ben para a imaxe da Galipedia. Piquito (conversa) 8 de xullo de 2013 ás 10:44 (UTC)[responder]
- Comentario. Neste caso, como o portal algún contido ten, vexo que pode quedar etiquetado con {{Xacemento wikipédico}}. Non considero que mereza o borrado, pero si a declaración de inactivo. --Toliño Fala aquí comigo 18 de xullo de 2013 ás 10:32 (UTC)[responder]