Wikipedia:Votacións para borrar/Castelos de Euskal Herria
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Castelos de Euskal Herria[editar a fonte]
Penso que, de primeiras, o artigo non ten información relevante. Trátase dunha lista de ligazóns vermellas e pouco máis. En segundo lugar, e isto é máis importante, penso que non vai acorde con Wikipedia:Punto de vista neutral xa que crea un artigo asumindo unha unidade inexistente a día de hoxe (e de dubidosa unidade nunca) e, se ben pode ser axeitado crear artigos sobre etnografía asumindo a hipótese da unidade dos vascos, penso que ir máis aló e crear artigos como este é unha clara falta de neutralidade. Cal é o nexo deses castelos? Teñen algo que ver entre si, ou é unha asunción reivindicativa? Nin unidade administrativa (que sería a motivación do artigo) nin arquitectónica nin nada.
Entendo que manter este artigo sería, por exemplo, como engadir ao de Castelos de Galicia os da Galiza irredenta, un claro "tomar partido".
- Borrar
- Borrar. --Norrin (Fálame) 18 de maio de 2014 ás 14:34 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- Feito! Borrado rapido. Lista simple, sen contido adicional. --. HombreDHojalata.conversa 18 de maio de 2014 ás 17:17 (UTC)[responder]