Wikipedia:Sobre Galicia/xullo 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Literatura galega dos Séculos Escuros. A creación literaria en lingua galega foi practicamente nula durante os séculos XVI, XVII e XVIII, razón pola que estes se denominan Séculos Escuros. Hai quen afirma que o cronista Fernão Lopes (século XV) foi o derradeiro escritor medieval pertencente á literatura galego-portuguesa. A partir dese momento, os sistemas literarios galego e portugués ficaron separados e tiveron desenvolvementos autónomos.