Wikipedia:Sobre Galicia/setembro 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carlos López García-Picos, nado en Betanzos o 19 de outubro de 1922 e finado en Oleiros o 23 de decembro do 2009, foi un compositor galego, principal impulsor, socio e membro de honra da Asociación Galega de Compositores. Tivo unha especial relevancia na diáspora galega, amosando durante os anos que permaneceu en Buenos Aires (Arxentina) un constante compromiso coa colectividade galega que se reflectiu en moitos aspectos da súa obra, así como na súa participación como director de distintas agrupacións corais como o coro Os Rumorosos do Centro Betanzos de Bos Aires, o coro Alborada da Casa de Galicia de París, a Coral Rosalía de Castro da Asociación Galega e a agrupación coral do Centro Gallego de Buenos Aires.

Profundamente comprometido co papel que xogan os compositores nos tempos que lles toca vivir, García-Picos escribiu un artigo de pensamento que transloce as súas inquedanzas sobre isto: "Problemática de los compositores gallegos actuales".