Wikipedia:Sobre Galicia/outubro 2005

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa do Concello de Ribadeo
Casa do Concello de Ribadeo

Ribadeo atópase situado na Comarca da Mariña Oriental no extremo nororiental da Provincia de Lugo e limita cos concellos de Barreiros, Trabada, Castropol e A Veiga - Vegadeo. Debe o seu nome ó río Eo, que o separa de Asturias. Ten unha superficie de 112,3 km2 e unha poboación de 9.270 persoas e a súa altitude máxima está no Monte Mondigo, con 571 m.