Wikipedia:Sobre Galicia/novembro 2023

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A bandeira de Galicia actual é un dos símbolos de Galicia. Foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e sancionada polo consenso popular, durante a época da Xeración Nós, como insignia nacional. Segundo a Lei 5/1984 de símbolos de Galicia, a bandeira de Galicia é branca, cunha banda diagonal de cor azul que a atravesa desde o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira.