Wikipedia:Sobre Galicia/decembro 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ramón Santamarina, nado en Ourense o 25 de febreiro de 1827 e finado en Buenos Aires o 23 de agosto de 1904, foi un facendado arxentino de orixe galega.

Traballou como peón de campo e co que gañaba foi mercando bois e carretas, comezando un negocio de carretas co que foi creando a súa fortuna. Mercou numerosas estancias e finalmente fundou unha firma que continúa vixente: Santamarina e Hijos. Os seus fillos continuaron traballando nesta empresa familiar e catro deles adicáronse a funcións públicas:Antonio Santamarina, Jorge Alejandro Santamarina, Ramón Santamarina II, Enrique Santamarina. Varios lugares da cidade de Tandil, coma unha escola, unha rúa, un hospital e un club deportivo, levan o seu nome, e o pobo Ramón Santamarina da provincia de Buenos Aires foi nomeado na honra de seu fillo, Ramón II.