Wikipedia:Sobre Galicia/agosto 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Hockey Club Liceo da Coruña, por motivos de patrocinio Coinasa Liceo, é un club profesional de hóckey a patíns da cidade da Coruña. Foi fundado en 1972 por catro persoas entre as que salienta a figura de Augusto César Lendoiro e na tempada 1979-80 debutou na máxima categoría do hóckey a patíns español, categoría na que compite dende aquela. Trátase dunha icona dentro do hóckey galego, historicamente é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 38 títulos (16 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais).

As cores do equipo son a verde e a branca. Xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor e o seu presidente é Eduardo Lamas.